Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Venres, 20 de febreiro de 2015 Páx. 7334

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO do acordo de colaboración co Concello de Vilanova de Arousa.

Con data do 27 de xaneiro de 2015, os concellos de Caldas de Reis e de Vilanova de Arousa, de acordo co previsto no artigo 6.3 da Lei 4/2007, de coordinación de policías locais de Galicia, formalizaron acordo de colaboración para a autorización de comisións de servizo de carácter voluntario por parte de funcionarios da policía local da escala básica, categoría de policía, do Concello de Caldas de Reis no Concello de Vilanova de Arousa, e viceversa, de acordo coa normativa vixente en cada momento.

Caldas de Reis, 28 de xaneiro de 2015

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde presidente