Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Venres, 20 de febreiro de 2015 Páx. 7346

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Outes

ANUNCIO de licitación da reforma da piscina municipal.

O Concello de Outes convoca licitación pública para adxudicar o seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Concello de Outes.

b) Tramitación: Secretaría da Corporación.

c) Obtención de documentación e información: casa do concello, rúa da Vila, nº 1, 15230 A Serra de Outes. Teléfono: 981 85 00 03. Fax: 981 85 03 87. Correo electrónico: correo@outes.es. Perfil de contratante: www.outes.es

Data límite de obtención de información: oitavo día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e no BOP da Coruña.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato de obra pública.

b) Descrición: reforma da piscina municipal de Outes.

c) Lugar de execución: Agra de Boel.

d) Prazo de execución: dous (2) meses.

e) Código CPV: 45212290.

3. Procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado con publicidade.

c) Criterios de adxudicación: baixa na oferta económica, programa de control de calidade, programa de traballo e protección ambiental, e plan de seguridade e saúde (número 15 do prego de cláusulas administrativas).

4. Valor estimado do contrato e orzamento base de licitación: 206.592,15 €. IVE: 43.384,35 €. Orzamento total: 249.976,50 €.

5. Garantía provisoria: non se exixe.

6. Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación.

7. Requisitos do contratista: a solvencia económica e financeira acreditase por calquera dos medios que enumera o artigo 75 da LCSP; e a solvencia técnica mediante: 1º) A relación das obras executadas nos últimos cinco anos, con certificacións das máis importantes; 2º) O compromiso de adscribir á execución da obra os medios persoais e materiais suficientes, na forma que sinala a cláusula 12.1.B do prego.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo de presentación: doce (12) días naturais contados desde que se publique este anuncio no DOG e no BOP da Coruña.

b) Documentación: número 12 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar: Rexistro Xeral do Concello de Outes (casa do concello, rúa da Vila, nº 1, 15230 A Serra de Outes).

d) Prazo de mantemento da oferta: dous (2) meses desde que conclúa o prazo de presentación.

9. Apertura das ofertas: o quinto día habil seguinte ao da conclusión do prazo de presentación das ofertas, ás 12.00 horas, na casa do concello.

10. Os gastos dos anuncios da licitación: serán por conta do adxudicatario.

Outes, 15 de xaneiro de 2015

Carlos E. López Crespo
Alcalde