Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Venres, 20 de febreiro de 2015 Páx. 7277

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 5 de febreiro de 2015, da Zona de Recadación de Ourense, polo que se relacionan procedementos de constrinximento pendentes de notificar e se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia (Carnicero Méndez-Aguirre, Francisco e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, relaciónanse dilixencias de embargo pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal do xeito indicado no artigo anterior, e emprázanse os interesados, ou os seus representantes, que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados pola Zona de Recadación de Ourense da Axencia Tributaria de Galicia, en aplicación do disposto polo artigo 75 do Regulamento xeral de recadación.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o órgano de recadación sinalado no parágrafo anterior, con enderezo en Alameda do Cruceiro, nº 9, en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 5 de febreiro de 2015

Rafael Torres Lacal
Recadador de zona de Ourense

Anexo

Providencia

Interesado

NIF/CIF

Obxecto da débeda

14320759740

Carnicero Méndez-Aguirre, Francisco

34972822B

Adquisición mortis causa. Exp.: 2011/32/000/00296. Liq.: 650725276563

14320724132

Carreiro Álvarez, Ricardo

07232316N

Adquisición mortis causa. Exp.: 2012/32/009/00021. Liq.: 650725376576