Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Xoves, 19 de febreiro de 2015 Páx. 7076

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2015 pola que se fai pública a formalización da contratación da subministración de equipamento para a mellora das redes wifi da Xunta de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 27/2014).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración, instalación e posta en marcha dos equipos centrais de xestión da rede wifi, así como a subministración, configuración e instalación de 400 puntos de acceso.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 1.7.2014.

DOUE: 27.6.2014.

BOE: 12.7.2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 252.500,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 252.500,00 € máis 53.025,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 305.525,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 30.12.2014.

b) Data de formalización do contrato: 29.1.2015.

c) Contratista: Tecnologías Plexus, S.L.

d) Importe de adxudicación: 263.780,00 € (IVE do 21 % incluído).

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia