Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Xoves, 19 de febreiro de 2015 Páx. 7059

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 3 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0233/2014-PPM e nove máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0233/2014-PPM e nove máis.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º andar (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

A Coruña, 3 de febreiro de 2015

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0233/2014-PPM.

Persoa interesada: Gerardo Seoane Martínez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: r/ Azucenas, 28, 9º A, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0239/2014-PPM.

Persoa interesada: Jaime Caño Fernández.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: avda. de Eirís, 231, 9º, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0250/2014-ORS.

Persoa interesada: Martín Fernández Martínez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: r/ Padre Rosendo Salvado, 10, 3º dta., A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0252/2014-PPM.

Persoa interesada: Ismael Villa Gómez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: O Portiño, 16, B, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0261/2014-PPM.

Persoa interesada: José Luis Díaz López.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rolda de Outeiro, 324, 9º D, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0270/2014-ORS.

Persoa interesada: José Manuel Carballido Suárez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rolda de Outeiro, 156, 4º, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0280/2014-PPM.

Persoa interesada: Francisco José Figueroa Rodríguez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: r/ Hospital, 5, Arteixo.

Expediente: PSC-CO-0288/2014-PPM.

Persoa interesada: João Paulo da Sousa Fonseca.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: r/ A Torre, 45, 1º esq., A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0292/2014-PPM.

Persoa interesada: Antonio Manuel Suárez Pérez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: r/ A Torre, 45, 1º esq., A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0295/2014-PPM.

Persoa interesada: Sergio Vázquez Ares.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: lugar de Allón, 41, Pontedeume, A Coruña.