Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Xoves, 19 de febreiro de 2015 Páx. 7088

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de febrero de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a formalización da contratación da obra de construción dun centro de saúde no Couto-Ourense, cofinanciada ao 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 76 (expediente AB-SER3-14-007).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número do expediente: AB-SER3-14-007.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición: contratación da obra de construción dun centro de saúde no Couto-Ourense, cofinanciada ao 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 76.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45215100.

d) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 87, do 8 de maio de 2014, na web do Servizo Galego de Saúde e Plataforma de contratos de Galicia o 8 de maio.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e non suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 3.221.722,98 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 3.221.722,98 €. IVE (%): 21 %. Importe total: 3.898.284,81 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 23.1.2015.

b) Data de formalización do contrato: 2.2.2015.

c) Contratista: UTE Vías Petrolam O Couto Ourense.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 2.709.146,86 €. IVE (%) 21 %. Importe total: 3.278.067,70 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta do adxudicatario foi seleccionada como a economicamente máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares. Poden verse os informes de valoración publicados no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos