Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Xoves, 19 de febreiro de 2015 Páx. 7046

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 2 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre o proxecto de concesión da explotación derivada do permiso de investigación Ana 2 número 5211.2, do concello da Gudiña (Ourense), promovido por Piedras Rabal, S.L. (clave 2014/0053).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 15 de decembro de 2014 relativo ao proxecto de concesión da explotación derivada do permiso de investigación Ana 2 número 5211.2, no concello da Gudiña (Ourense), promovido por Piedras Rabal, S.L.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos

e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental