Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Mércores, 18 de febreiro de 2015 Páx. 6917

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de información pública de aprobación inicial do proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, dos terreos pertencentes a particulares, incluídos no ámbito do Plan especial de infraestruturas e dotacións da zona E69B do Plan xeral de ordenación municipal de Sanxenxo, no Rebel, Vilalonga.

A Corporación Municipal en pleno, en sesión celebrada o 9 de febreiro de 2015, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta dos terreos pertencentes a particulares, incluídos no ámbito do Plan especial de infraestruturas e dotacións da zona E69B do PXOM de Sanxenxo, no Rebel, Vilalonga, redactado por José Manuel Rey Rial e Rafael Vázquez Abal, con data do 30 de xaneiro 2015, con base nas valoracións realizadas polo enxeñeiro agrónomo Jorge Domínguez Piñeiro.

Segundo. Expoñer ao público o referido proxecto mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia en nun dos xornais dos de maior circulación da provincia, polo prazo dun mes, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que concierne a titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Terceiro. Notificar individualmente a todas aquelas persoas que aparezan como titulares de bens ou dereitos no expediente, mediante traslado literal das follas de valoración e das propostas de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular alegacións no prazo dun mes contado desde a data de notificación.

Sanxenxo, 9 de febreiro de 2015

Catalina González Bea
Alcaldesa