Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Martes, 17 de febreiro de 2015 Páx. 6748

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 20 de xaneiro do 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se publica unha notificación de desistencia.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 71 e 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (de agora en diante LRXAP-PAC), ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día, coa notificación de desistencia da solicitude de pensión non contributiva nos procedementos instados polo interesado, publícase mediante este edicto, de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei o contido da resolución, contra a cal poderá interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional laboral ante esta xefatura territorial, dentro dos trinta (30) días seguintes a data desta publicación, conforme o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social (BOE do 11 de outubro). No mesmo prazo sinalado anteriormente e de acordo co referido no artigo 61 da LRXAP-PAC, poderán comparecer persoalmente ou debidamente representados na Xefatura Territorial de Traballo e Benestar de Lugo, para os efectos de coñecemento do texto íntegro da resolución e do resto do expediente.

Lugo, 20 de xaneiro de 2015

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nombre y apellidos: Alberto Pérez Barreiro.

DNI: 33335632-F.

Número de expediente: 27/00292-I/14.

Notificación: notificación de desistencia.