Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Martes, 17 de febreiro de 2015 Páx. 6763

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2015 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, do servizo para a realización de actuacións de carácter formativo e divulgativo dentro da Escola Galega de Consumo adscrita a este instituto (expediente 02/2015 IGC).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Instituto Galego de Consumo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia do Instituto Galego de Consumo.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Asuntos Xerais.

2º. Enderezo: avenida Gonzalo Torrente Ballester, nº 1, 5, baixo.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

4º. Teléfono: 981 54 53 91.

5º. Telefax: 981 54 45 98.

6º. Correo electrónico: igc.xerencia@xunta.es

7º. Enderezo da Internet do perfil do contratante: http://igc.xunta.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 02/2015 IGC.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: de servizos.

b) Descrición: servizo para a realización de actuacións de carácter formativo e divulgativo dentro da Escola Galega de Consumo adscrita ao Instituto Galego de Consumo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de execución/entrega: será de 12 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado do contrato: 140.688 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto 70.344 euros (IVE excluído). IVE: 14.772,24 euros. Importe total: 85.116,24 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: deberá acreditarse nos termos especificados nas cláusulas E, F e G da folla de especificacións do PCAP.

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince días naturais, que se contarán desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

b) Modalidade de presentación: segundo o disposto na cláusula R da folla de especificacións e na cláusula 6, ambas as dúas do PCAP.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Oficina do Rexistro da Xerencia do Instituto Galego de Consumo.

2º. Enderezo: avenida Gonzalo Torrente Ballester, nº 1, 5 baixo.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela; 15707.

4º. Enderezo electrónico: igc.xerencia@xunta.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: durante os prazos sinalados nos parágrafos 2 e 3 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011,
do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP).

9. Apertura de ofertas (sobres A, B e C).

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa pola mesa de contratación.

Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación técnica relativa a aspectos cualitativos, é dicir, non cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

Apertura dos sobres C: apertura en acto público da documentación económica e técnica relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

b) Enderezo: avenida Gonzalo Torrente Ballester, nº 1, 5.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Data e hora: indicarase no perfil do contratante a data e a hora da apertura dos sobres B e dos sobres C.

10. Gastos de publicidade: 5,42 euros por liña, IVE incluído; serán por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións.

a) Poden obterse os pregos na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21914

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2015

Sol María Vázquez Abeal
Presidenta do Instituto Galego de Consumo