Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 2015 Páx. 6599

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a contratación, documentalmente simplificada, do servizo de limpeza do novo edificio destinado aos xulgados de Ourense, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e adxudicación baseada en multicriterios.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfonos. Información de índole técnica: 981 54 42 74 e 981 54 42 85 e información de índole administrativa: 981 54 42 59, 981 54 45 17 e 981 95 73 49.

5º. Telefax: 981 54 42 39.

6º. Correos electrónicos:

natalia.lobato.mosquera@xunta.es; manuel.perez.gonzalez@xunta.es ou

emilio.jose.iglesia.lema@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22021

8º. Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

d) Número do expediente: 2015-SESE 11-EM.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de limpeza do novo edificio destinado aos xulgados de Ourense.

c) División por lotes e número de lotes: non leva lotes.

d) Lugar de execución: o indicado no anexo I do prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de execución: nove meses e medio.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 90919200-4. Servizo de limpeza de oficinas.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na letra J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 196.281,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 98.140,50 €.

Importe do IVE (21 %): 20.609,50 €.

Importe total: 118.750,00 €.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo comezará ao día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará o décimo quinto día natural, ás 14.00 horas, salvo que o último día fose inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na letra c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía do Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Lugar: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: terá lugar en acto público, ás 12.00 horas, o décimo día natural seguinte ao da data de finalización do prazo de presentación das proposicións. De coincidir sábado ou inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2015

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza