Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 2015 Páx. 6643

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 30 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se notifica a resolución do expediente SAN-LU-0076/2014-IA.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento SAN-LU-0076/2014-IA.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Servizo de Sanidade Animal, situadas no edificio administrativo San Caetano s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a presente resolución, que non porá fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso de alzada ante o secretario xeral do Medio Rural e Montes no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co sinalado no artigo 26.2 a) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e no artigo 15.1 do
Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar e do Fondo Galego de Garantía Agraria.

Transcorrido este prazo sen ter presentado o recurso, esta resolución adquirirá carácter de firmeza en vía administrativa, e será inmediatamente executiva de conformidade co previsto no artigo 138.3 da mesma norma xurídica.

O prazo para interpoñer o recurso contarase desde a última publicación deste anuncio, sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2015

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Expediente: SAN-LU-0076/2014-IA.

Interesado: Óscar Gómez Álvarez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: lugar de Pascal, Irixoa, 27836 Muras, Lugo.