Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 2015 Páx. 6531

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 28 de xaneiro de 2015 pola que se notifica o acordo de incoación do procedemento sancionador por infracción urbanística IU1/086/2012-SA1, devolto polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na súa repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o día 4 de decembro de 2014, incoar expediente sancionador a Elías Prado Díaz e a Mª del Mar Blanco Roca como posibles responsables dunha infracción urbanística moi grave polas obras levadas a cabo no lugar de Penencia, Doniños, no termo municipal de Ferrol, provincia da Coruña.

Ao non se poder realizar a notificación persoal daquel acordo, mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle aos interesados o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que estimen pertinentes e, no caso de que non tivesen por certos os feitos descritos nesta resolución, propor proba concretando os medios dos que pretendan valerse.

Para que conste, e lle sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2015

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística