Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 2015 Páx. 6480

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 29 de Madrid

EDICTO (430/2013).

Elena Mónica de Celada Pérez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 29 de Madrid, fago saber que no procedemento 8/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Edgar Agustín Jiménez Quezada fronte a Sucomaga, S.L. sobre execución forzosa, se ditou a seguinte resolución:

Parte dispositiva:

Despachar orde xeral de execución de sentenza a favor da parte executante, Edgar Agustín Jiménez Quezada, fronte á demandada Sucomaga, S.L., parte executada, por un principal de 911,58 euros, máis 54,69 euros e 91,16 euros de xuros e custas calculados provisionalmente, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición ante este xulgado dentro dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, en que ademais de alegar as posibles infraccións en que incorrese a resolución, poderá deducirse oposición nos termos previstos no artigo 239.4 da LXS. O recorrente que non sexa traballador beneficiario do réxime da Seguridade Social deberá ingresar a cantidade de 25 euros na conta deste xulgado, aberta na entidade Banco de Santander 2802 0000 64 0008 15.

Así, por este o seu auto, acórdao, mándao e asínao a maxistrada xuíza.

María Emma Cobo García. Maxistrada xuíza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Sucomaga, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula na oficina xudicial, polo medio establecido para o efecto, salvo as que sexan auto, sentenza ou decretos que poñan fin ao procedemento ou resolvan un incidente ou cando se trate de emprazamento.

Madrid, 27 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial