Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 2015 Páx. 6524

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 27 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-RI-0023/2014-PMM e seis máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas a resolución dos expedientes que se sinalan no anexo deste anuncio.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar na Coruña, sitas na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda a súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro recurso que considere pertinente.

A Coruña, 27 de xaneiro de 2015

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente

Persoa interesada

Último enderezo coñecido

PSC-RI-0023/2014-PPM

José Ángel Somoza Eiras

Somoza, Asados, 5º A, Rianxo

PSC-RI-0187/2014-PPM

Juan Carlos Otero Bermúdez

Avenida da Constitución, 71, 1º B, Boiro

PSC-RI-0208/2014-PPM

Alfonso José Varela Somoza

Escarabote, 61, Boiro

PSC-RI-0210/2014-PPM

Juan José Rodríguez Pérez

Neira de Mosquera, 1, 3º, Santiago de Compostela

PSC-RI-0211/2014-PPM

Santiago Beltrán Domínguez

Rianxiño, 26, 2º, Rianxo

PSC-RI-0212/2014-PPM

Isabel Posada Fernández

Rúa Igrexa, 29, Taragoña, Rianxo

PSC-RI-0215/2014-PPM

Héctor Manuel Sobradelo Moledo

Triñáns, 36, Boiro