Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 2015 Páx. 6489

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución denominado estación de regulación e medida (ERM) MOP 16/4 bar e extensión de rede con MOP 4 bar en Ribadeo (Lugo), promovido pola empresa Gas Galicia SDG, S.A. (expediente IN627A 2014/6-0).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, e no artigo 1 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP), sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionaria: Gas Galicia SDG, S.A., con CIF A15383284, e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Antecedentes:

O 7.9.2010 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ditou resolución pola que se outorgou a Gas Galicia SDG, S.A. a autorización administrativa da rede de distribución de gas natural no termo municipal de Ribadeo, na provincia de Lugo (expediente IN627A 2005/20-0), que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 18.10.2010 e no Boletín Oficial da provincia do 8.10.2010.

Conforme o disposto nesta autorización administrativa, a subministración de gas natural ao termo municipal de Ribadeo realizarase mediante conexión nun punto de entrega da rede en alta presión A (APA) no propio municipio, nas proximidades do instituto de ESO, desde o cal partirá a rede de distribución en media presión B (MPB) ao dito municipio.

Obxecto da petición:

O obxecto da petición é a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución denominado estación de regulación e medida (ERM) MOP 16/4 bar e extensión de rede con MOP 4 bar en Ribadeo (Lugo).

Descrición das instalacións:

A ERM instalarase na esquina superior norte dentro do cerramento, correspondente á posición 02 do gasoduto de transporte primario da Mariña Lucense, situado na parcela 655 do polígono 3 da Teixeira (Ribadeo); trátase dun punto de entrega diferente ao previsto no proxecto que serviu de base para o outorgamento da autorización administrativa a que se fai referencia nos antecedentes.

As instalacións obxecto do citado proxecto son as seguintes:

– Conexión de entrada á ERM en MOP 16 bar con 7 m de tubaxe de aceiro DN 3” de 3,6 mm de espesor e calidade GR L245 3 PN.

– ERM, modelo MOP 16/4 bar Q 2.500 - D aéreo.

– Conexión de saída da ERM en MOP 4 bar con 7 m de tubaxe en aceiro DN 4” de 3,6 mm de espesor e calidade GR L245 3PN.

– Extensión de rede en MOP 4 bar composta por 234 m de PE DN 160 que remata nun cap DN160.

– Instalacións auxiliares: válvula de entrada á ERM de DN 3” e válvula de saída da ERM de DN 4”.

Termo municipal: a solicitude afecta o termo municipal de Ribadeo, na provincia de Lugo.

Orzamento: sesenta e tres mil cento quince euros con vinte e tres céntimos (63.115,23 €).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de vinte (20) días a partir da data de publicación deste anuncio, e poderán examinar o correspondente proxecto na Dirección Xeral de Enerxía e Minas, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, andar 4º, 15781 Santiago de Compostela, así como na Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria, rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas