Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Xoves, 12 de febreiro de 2015 Páx. 6285

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3656/2013-AN).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso suplicación 3656/2013 desta sección, seguido por instancia do Ministerio de Emprego e Seguridade Social contra o Consorcio de Compensación de Seguros, Complejo Josmifran, S.L., Enusia de Brito dos Santos, Susana Raquel Argerich Martínez, Laudine Lucindo Lopes, Rachida Boumaaza, Leia dos Santos Soares, Lyudmila Hlushchenko, Priscila Roselena do Carmo, Graciane Beserra Lima, Ingrid de Oliveira Silva, Olga Lucía López Estrada, Elaine Rodríguez Moura, Eliana Alves Jacob, Erica María Cobo Carrillo, Luz Adriana Cabrera Arango, María Josefa Coronell Oliveros, Ivonilde Alves de Jesús, Lucivania Tsankova, Ivonete Silva de Oliveira, Luciana Ferreira de Sousa, Lesli Carol Hermosilla Escalante, Wylnara Nogueira Ferreira Limas, Daniela Marincovici, Danielly Santos Costas, Antolín Milagros José Estredo de Aguilera, Cristina Sorina Andries, Ana María Dedo, Anca Apetroaei, Iuliana Budregeac, Paula Ghinies, Valentina Daniela Paunoiu, Cristina Georgiana Pana, Georgiana Nicoleta Radu sobre outros dereitos laborais, se ditou con data do 16 de xaneiro de 2015 a seguinte resolución que copiada nos particulares necesarios di así:

«Resolvemos.

Desestimando o recurso de suplicación interposto polo avogado do Estado contra a sentenza do 10 de maio de 2013 do Xulgado do Social número 1 de Vigo, ditada en xuízo de oficio instado polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social onde compareceron Elaine Rodrigues Moura, María Josefa Coronell Oliveros, Susana Raquel Argerich Martínez, Rachida Boumaaza e a Entidade Mercantil Josmifran, Sociedad Limitada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez (10) días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++)».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en legal forma a Enusia de Brito dos Santos, Susana Raquel Argerich Martínez, Laudine Lucindo Lopes, Rachida Boumaaza, Leia dos Santos Soares, Lyudmila Hlushchenko, Priscila Roselena do Carmo, Graciane Beserra Lima, Ingrid de Oliveira Silva, Olga Lucia López Estrada, Eliana Alves Jacob, Erica María Cobo Carrillo, Luz Adriana Cabrera Arango, María Josefa Coronell Oliveros, Ivonilde Alves de Jesús, Lucivania Tsankova, Ivonete Silva de Oliveira, Luciana Ferreira de Sousa, Lesli Carol Hermosilla Escalante, Wylnara Nogueira Ferreira Limas, Daniela Marincovici, Danielly Santos Costas, Antolín Milagros José Estredo de Aguilera, Cristina Sorina Andries, Ana María Dedo, Anca Apetroaei, Iuliana Budregeac, Paula Ghinies, Valentina Daniela Paunoiu, Cristina Georgiana Pana, Georgiana Nicoleta Radu, en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido en Complejo Josmifran, Peinador, 120, 36145 Mos, Pontevedra, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto o sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial