Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Xoves, 12 de febreiro de 2015 Páx. 6302

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos de transporte das obras integrantes da exposición temporal O primeiro Picasso. A Coruña 1891-1895, que terá lugar no Museo de Belas Artes da Coruña.

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público (Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro), faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21458

2. Obxecto do contrato.

Tipo: servizos.

Descrición: servizos de transporte das obras integrantes da exposición temporal O primeiro Picasso. A Coruña 1891-1895, que terá lugar no Museo de Belas Artes da Coruña.

Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, expediente anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

3. Orzamento base de licitación: 206.500,00 €, IVE excluído.

4. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 16 de xaneiro de 2015.

b) Data da formalización do contrato: 19 de xaneiro de 2015.

c) Contratista: Feltrero División Arte, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: 108.225,68 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2015

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria