Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Xoves, 12 de febreiro de 2015 Páx. 6262

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de aprobación definitiva da delimitación de solo de núcleo rural da Reguenga, no concello de San Amaro.

O Concello de San Amaro eleva, para a súa aprobación definitiva, o expediente da delimitación de solo de núcleo rural da Reguenga, de conformidade co previsto na disposición adicional segunda da LOUG, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Unha vez analizado o expediente remitido, e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes:

1. O Concello de San Amaro non conta con ningunha figura de planeamento xeral, polo que son de aplicación as Normas complementarias e subsidiarias provinciais (AD 03/04/1991).

2. Constan informes municipais: xurídico do 6.5.2014; e técnico do 26.6.2014.

3. O Concello de San Amaro someteu a información pública o expediente durante o prazo dun mes, mediante anuncio que nos xornais La Región e La Voz de Galicia do día 3.7.2014; e no DOG do 23.7.2014. Non se presentaron alegacións.

4. O pleno do Concello, en sesión do 4 de setembro de 2014, aprobou provisionalmente a delimitación de solo de núcleo rural da Reguenga.

II. Análise e consideracións:

II.1. Obxecto.

O ámbito da actuación abrangue a zona que ocupa o asentamento da Reguenga, identificado administrativamente no Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor das entidades de poboación da provincia de Ourense.

2. A delimitación do núcleo da Reguenga adaptada á LOUG ampárase na aplicación do establecido no número 2 da disposición adicional segunda da LOUG.

II.2. Contido.

1. Proponse unha delimitación do asentamento poboacional da Reguenga, como núcleo rural común, cunha superficie de 12.511 m2, conforme o establecido no artigo 13 da LOUG e no punto 3.1.7 das determinacións das directrices de ordenación do territorio, aprobadas polo Decreto 19/2011, do 10 de febreiro.

2. A información contida no proxecto argumenta que o núcleo pertence á parroquia de San Fiz de Navío e se atopa situado no terzo central do municipio e sinala a inexistencia de elementos de valor cultural ou de equipamentos e espazos libres.

3. O asentamento común está constituído por 5 edificacións, das cales 2 son tradicionais de uso residencial, cunha de consolidación edificatoria dun 71,42 %, segundo o método gráfico e dun 62,94 % segundo o cálculo numérico ou simplificado.

4. O documento fixa as condicións de uso e de edificación nos terreos delimitados e define o trazado viario.

5. Á vista da ordenación aplicable, a delimitación do solo de núcleo rural conta cos requisitos establecidos no artigo 13.3. da LOUG. O réxime xurídico aplicable aos terreos incluídos na delimitación será o establecido pola LOUG para o solo de núcleo rural.

De acordo co punto 2 da disposición adicional segunda da LOUG, e co artigo 1 do Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos expedientes de delimitación de solo de núcleos rurais corresponde á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

III. Resolución.

Visto canto antecede,

RESOLVO:

1. Aprobar o proxecto de delimitación do solo de núcleo rural da Reguenga, no concello de San Amaro.

2. Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a CMATI, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer, se for o caso, calquera outro que consideren procedente (artigos 48, 58, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro). Se o interesado é unha administración pública, non caberá interpoñer recurso en vía administrativa, e pódese interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación, sen prexuízo da formulación, se for o caso, do requirimento previo en igual prazo (artigos 44 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa).

3. Notifíquese ao concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2014

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

missing image file

ANEXO