Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Xoves, 12 de febreiro de 2015 Páx. 6228

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 22/2015, do 4 de febreiro, polo que se dispón o nomeamento de membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1º da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (DOG nº 133, do 12 de xullo), e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste (DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada pola Confederación de Empresarios de Galicia o 20 de xaneiro de 2015,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear membros titulares do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, as seguintes persoas:

– Elier Ojea Ureña

– José Manuel Rodríguez Tarrío

– Jesús Méndez Cedrón

– José Manuel Díaz Barreiros

– Ángel Fernández Presas

– Luis Novoa Díaz

Artigo 2

Nomear membros suplentes do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, as seguintes persoas:

– Alberto Rodríguez López

– Marina Graña Bermúdez

– Jaime Luis López Vázquez

– Miguel Varela Varela

– Jaime Luis Pereira Novoa

– Eugenio Geijo Carril

– Fausto Santamarina Fernández

Santiago de Compostela, catro de febreiro de dous mil quince

Alberto Núñez Feijóo
Presidente