Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Xoves, 12 de febreiro de 2015 Páx. 6359

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2015 pola que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental do proxecto de embarcadoiro en Valga, concello de Valga, provincia de Pontevedra, promovido pola entidade pública Portos de Galicia.

Para os efectos previstos no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos (BOE núm. 23, do 26 de xaneiro), faise público que, por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, quedará exposto en horas de atención ao público o estudo de impacto ambiental do proxecto referido no encabezamento, co fin de que calquera interesado poida consultalo e, se for o caso, formular nese prazo as alegacións, suxestións e/ou observacións que considere convenientes.

A documentación que se expón será:

• Estudo de impacto ambiental do proxecto de embarcadoiro en Valga (Valga, Pontevedra).

Para iso poranse á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, exemplares da citada documentación nas seguintes dependencias:

• Portos de Galicia. Área de Infraestruturas (praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela).

• Servidor web da entidade pública Portos de Galicia, na seguinte ligazón:

http://www.portosdegalicia.es/gl/documentacion/pregos-e-documentos.html

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia