Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 2015 Páx. 6085

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se ordena o rexistro, o depósito e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo de prórroga da ultraactividade do convenio colectivo da empresa Financiera Maderera, S.A. (Finsa).

Visto o acordo subscrito pola comisión negociadora do convenio colectivo da empresa Financiera Maderera, S.A. (Finsa), con data do 30 de decembro de 2014, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

Esta dirección xeral,

ACORDA:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG n.º 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2015

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social

Acta de acordo da mesa negociadora do Convenio colectivo
de Financiera Maderera, S.A. (Finsa) para as fábricas de Galicia

Ás 13.00 horas do día 30 de decembro de 2014, nos locais da empresa Financiera Maderera, S.A en Santiago de Compostela, reúnense as personas que a seguir se mencionan, integrantes da Comisión Negociadora do Convenio colectivo da empresa Financiera Maderera, S.A. (Finsa) para os seus centros de traballo en Galicia.

• Por parte dos traballadores:

– Por CC.OO.:

1. José Luis López Souto. DNI: 33273907.

2. Eloy Buceta Viñas. DNI: 35472598.

3. Jesús Mª Fernández Rodríguez. DNI: 33345383.

4. Manuel Gómez Lorenzo . DNI: 34910257.

– Por UGT:

1. Álvaro Lois Fernández. DNI: 33239000.

2. Miguel A. Pereiro Balseiro. DNI: 34996643.

3. José Otero Casal. DNI: 35471355.

4. Miguel Ángel Fernández López. DNI: 33843201.

5. Marcos Vázquez Garrido. DNI: 33540501.

– Por USO:

1. Marcial Casas Couselo. DNI: 33301633.

2. Ricardo Figueira Rodríguez. DNI: 33264606.

3. Rubén Cao Rodríguez. DNI: 44456788.

• En representación da empresa:

1. Xosé M. Mera Iglesias. DNI: 36126130.

2. Modesto Vázquez Vilares. DNI: 33287691.

3. Gonzalo Machado Domínguez. DNI: 34955250.

4. Daniel Noya Miramontes. DNI: 33291958.

5. José Manuel Sánchez Expósito. DNI: 33309656.

6. Marco A. Díaz López. DNI: 33327406.

7. Luz Cachafeiro García. DNI: 44819014.

8. Ramón Vázquez Lista. DNI: 32753769.

Antecedentes:

1. O pasado 27 de novembro de 2012 a representación da empresa notificou á representación legal dos traballadores a denuncia do Convenio colectivo de Financiera Maderera, S.A. (Finsa) para as fábricas de taboleiro de Galicia (código de convenio 82000913012007) no momento da finalización da súa vixencia o 31 de decembro de 2012. A denuncia do convenio foi rexistrada no sistema REGCON o 30 de novembro de 2012 (exp. 82/01/0011/2012).

2. O convenio colectivo citado se encontraba en situación de vixencia prorrogada no ano 2012 en virtude do disposto no artigo 86.2 do Estatuto dos traballadores (ET), ao se ter alcanzado un acordo entre as partes para non proceder á súa denuncia no marco do expediente de regulación de emprego temporal con efectos para a anualidade de 2012.

3. Que o 15 de maio de 2013 se constituíu a Mesa Negociadora do Convenio Colectivo e se iniciaron as negociacións do convenio sen que se alcanzase ata a data un acordo sobre este, e como queira que en virtude do disposto no artigo 86, número 3, último parágrafo do ET, unha vez transcorrido un ano desde a denuncia sen que se acordase un novo convenio este perderá a súa vixencia, ambas as partes acordaron ampliar temporalmente –ata o 31 de decembro de 2014– a ultraactividade do convenio colectivo, e como queira que a data está próxima a vencer sen se ter pactado un novo convenio colectivo, adoptan por unanimidade os seguintes

Acordos:

Primeiro. Ambas as partes acordan un novo período de ultraactividade do Convenio colectivo de Financiera Maderera, S.A. (Finsa) para as súas fábricas de taboleiro en Galicia, desde o día 1 de xaneiro de 2015 ata o 31 de xaneiro de 2015, co fin de permitir o desenvolvemento da negociación colectiva, ante a situación de vencemento da anterior extensión de ultraactividade en 31 de decembro de 2014 e a complexidade de materias que hai que abordar, xa que non se alcanzou un acordo nas materias obxecto de negociación.

Segundo. Ambas as partes acordan facultar a Xosé Manuel Mera Iglesias, para que en representación da empresa, que delega expresamente este trámite de xestión en Begoña Martínez Díaz, para que proceda ao rexistro no sistema REGCON desta acta de acordo perante a Dirección Xeral de Traballo, co fin de que esta lle dea o trámite oportuno, e se proceda ao rexistro, depósito e publicación no DOG do presente acordo de ampliación da ultraactividade do Convenio colectivo Finsa para as fábricas de taboleiro de Galicia (DOG do 6 de xullo de 2011).

E en proba de conformidade, ratificando en todos os seus termos a presente acta, os asistentes asinan no lugar e data arriba indicados.