Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 2015 Páx. 6153

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 20 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no que se fai pública a decisión de non someter o Plan especial de equipamento en solo rústico para a ordenación dunha dotación sanitario-asistencial de residencia para persoas maiores, concello de Oza-Cesuras, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica.

Faise pública a decisión do 19 de xaneiro de 2015 de non someter o Plan especial de equipamento en solo rústico para a ordenación dunha dotación sanitario-asistencial de residencia para persoas maiores, concello de Oza-Cesuras, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica previsto na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, en cumprimento do disposto no artigo 4 da dita lei.

Esta decisión pódese consultar no seguinte enderezo da internet:

http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, introducindo o código 1679/2014.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental