Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 2015 Páx. 6146

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 11 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para unha explotación porcina de ceba no concello de Dozón (Pontevedra), titular Camilo Ledo Fernández (clave 2014-IPPC-I-82).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 157, do 2 de xullo), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

«Proxecto básico de granxa de porcino en Covelos. Autorización ambiental integrada».

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, se for o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. Os citados documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais poderán consultalos na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas:

(http://www.cmati.xunta.es/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO I
Memoria resumo

Clave do expediente: 2014-IPPC-I-82.

Peticionario: Camilo Ledo Fernández.

Domicilio social: lugar Covelos, nº 2.

Localización da instalación: lugar Rego de Auga, 36318 Dozón (Pontevedra). Un punto de localización das instalacións é o definido polas coordenadas UTM (ETRS89): X: 581.343, Y: 4.713.074.

Actividade: explotación porcina de ceba.

Descrición do proceso: trátase dunha explotación porcina de engorda de porcos formada por dúas naves. A nave 1 ten capacidade para 1.100 porcos e a nave 2 para 1.500 porcos; ademais, a explotación conta con vestiario, aseo e almacén nunha edificación anexa á nave 1, e dúas fosas exteriores para o almacenamento do xurro.

Os animais entran na explotación con 30 kg de peso vivo e saen con destino ao matadoiro con 100 kg de peso vivo. Cada ciclo de ceba dura ao redor de catro meses e prodúcense 2,5 ciclos de engorda ao ano.

Verteduras: as augas residuais e de limpeza xeradas no proceso son recollidas nas fosas de almacenamento de xurro. As augas pluviais non se recollen, ao seren os silos de penso pechados e estancos e non produciren emisións de partículas á atmosfera.