De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante LRXPAC), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo os acordos de iniciación ditados nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.
A competencia para impoñer esta clase de sancións corresponde aos xefes territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución aos órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º da LOSC e disposición transitoria primeira do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia (DOG do 1 de maio).
Infórmase de que, de conformidade co disposto no artigo 135 da LRXPAC e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), conta cun prazo de quince días hábiles contados desde a publicación para exercer perante o/a instrutor/a o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente poderá exercer o dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da LRXPAC.
A tramitación dos expedientes realízase na oficina desta xefatura territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na planta 9 do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra, rúa Fernández Ladreda, 43, de Pontevedra.
No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento, no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 16 do Real decreto 1398/1993.
Pontevedra, 9 de xaneiro de 2015
P.S. (Resolución do 8.7.2011)
Ana Ortiz Álvarez
Secretaria territorial de Pontevedra
ANEXO
Nome |
DNI/NIF |
Nº exp. |
Precepto infrinxido |
Derradeiro enderezo |
Establecemento |
Marta García González |
36153185Z |
PO-331/14 |
Artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro |
R/ Otero Pedraio, 6 36380 Gondomar |
Café-Bar Rañolas R/ Otero Pedraio, 6 36380 Gondomar |
Marta García González |
36153185Z |
PO-332/14 |
Artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro |
R/ Otero Pedraio, 6 36380 Gondomar |
Café-Bar Rañolas R/ Otero Pedraio, 6 36380 Gondomar |