O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo único
Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas no terceiro cuadrimestre do ano 2014 que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2015
Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas
no terceiro cuadrimestre do ano 2014
Provincia |
Convenio |
Importe total do convenio (€) |
Data de sinatura |
A Coruña |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Miño para a renovación de servizos e a pavimentación da rúa Granada |
184.998,35 |
19.9.2014 |
A Coruña |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Oza-Cesuras para a mellora do Camiño Real |
631.756,79 |
19.9.2014 |
A Coruña |
Addenda número 2 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Culleredo para a execución de beirarrúas e a recollida de pluviais na estrada AC-215 Fonteculler (AC-211)- O Portádego (N-550) |
170.000,00 |
28.10.2014 |
A Coruña |
Addenda número 1 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Oza-Cesuras para a mellora do Camiño Real |
631.756,79 |
14.11.2014 |
A Coruña |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello da Coruña para a execución dun aparcadoiro disuasorio en Lonzas, cofinanciado con fondos Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 |
705.146,71 |
17.12.2014 |
A Coruña |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Santiago de Compostela para a execución dun aparcadoiro disuasorio en Pontepedriña, cofinanciado con fondos Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 |
841.194,15 |
17.12.2014 |
A Coruña |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Arteixo para o traslado da pasarela peonil afectada polas obras de acondicionamento da conexión das estradas AC-552, AC-551 e DP-0509 |
125.000,00 |
19.12.2014 |
A Coruña |
Addenda número 2 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Abegondo para a mellora da intersección no p.q.: 7+750 da AC-542 (Mabegondo, Abegondo), cofinanciado con Fondos Feder no marco do programa operativo Feder-Galicia 207-2013 |
241.674,00 |
29.12.2014 |
Lugo |
Addenda número 4 ao convenio de colaboración asinado con data do 10 de febreiro de 2009 entre a antiga Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte da Xunta de Galicia e o Concello de Lugo para a realización das obras de infraestrutura viaria no termo municipal de Lugo, ponte Paradai-serra de Meira, fase 1ª |
3.557.670 |
23.12.2014 |
Ourense |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de San Cristovo de Cea para a mellora do acceso ao polígono industrial |
2.000.000,00 |
23.9.2014 |
Ourense |
Addenda nº 1 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de San Cristovo de Cea para a mellora do acceso ao polígono industrial |
2.000.000,00 |
14.11.2014 |
Pontevedra |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas, o ente público Portos de Galicia e o Concello de Moaña para a continuación do paseo marítimo de Moaña ata o paseo da Xunqueira (tramo da Seara) |
420.141,36 |
16.9.2014 |