Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 2015 Páx. 5983

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 7 de xaneiro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se lles notifica a varias persoas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados neste centro nos casos de non achegaren os datos necesarios para facturarlle ao terceiro obrigado ao pagamento.

Por medio da presente cédula, e debido a que os abaixo relacionados non foron atopados nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que alegaron distintas causas para non recibir as notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral de seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non achegar no prazo de dez (10) días os datos e documentación necesarios para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán ao seu cargo, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 221/2012, do 31 de outubro (DOG núm. 222, do 21 de novembro), Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG núm. 96, do 21 de maio) polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que se deberá achegar deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario, teléfono 986 56 80 53.

Para que conste, sirva de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 3 de xaneiro, expido, firmo e selo esta cédula.

Vilagarcía de Arousa, 7 de xaneiro de 2015

Bibiano Fernández-Arruti López
Xerente executivo do Salnés

ANEXO

Nome do doente

DNI/NIF

Muñiz --- Tomás Eduardo

X06582476Z

Moukhlissi Omar

X08327440Z

Simón Rodríguez Manuel

035300019X

Nache --- Gheorghe

Y00112856D