Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 2015 Páx. 5975

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2015 pola que se fai pública a formalización dun contrato de obras non suxeito a regulación harmonizada.

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de obras:

Ampliación da rampla, dragaxe e recalzos no porto de Aguiño (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Clave do expediente: 11/2013/CNTOB.

e) Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20425

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo de obra.

b) Descrición do obxecto: ampliación da rampla, dragaxe e recalzos no porto de Aguiño (A Coruña).

c) Medio de publicación do anuncio de adxudicación: perfil do contratante.

d) Data de publicación do anuncio de adxudicación: 21 de xaneiro de 2015.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado, sen publicidade.

4. Valor estimado do contrato.

165.000 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 165.000 euros. Importe total: 199.650 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 17 de novembro de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 26 de novembro de 2014.

c) Contratista: Oys Noroeste, S.L.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 165.000 euros. Importe total: 199.650 euros.

f) Tipo de oferta adxudicataria: solución base.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia