Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 9 de febreiro de 2015 Páx. 5803

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 26 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente PSC-RI-0333/2014-PPM e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas a proposta de resolución dos expedientes que se sinalan no anexo deste anuncio.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar na Coruña, sitas na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio, para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que xulguen oportunos. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2015

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente

Persoa interesada

Último enderezo coñecido

PSC-RI-0333/2014-PPM

Manuel Bermo García

Avenida da Coruña, 103, Ribeira

PSC-RI-0475/2014-PPM

Mariana Osuna Buenafuente

Rúa Barrantes, 4, 2º C, A Pobra do Caramiñal

PSC-RI-0538/2014-PPM

Manuel Cernadas López

Rúa Tetuán, 32, A Pobra do Caramiñal

PSC-RI-0566/2014-ORS

Francisco Domínguez Barreiro

Boavista, Serres, 77, 2º D, Muros

PSC-RI-0681/2014-PPM

Eugenio Isorna Fungueiriño

O Pazo, 242, Rianxo