Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 9 de febreiro de 2015 Páx. 5705

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos vacantes de xefatura de persoal de xestión e servizos.

Mediante a Resolución do 27 de outubro de 2014 (DOG nº 219, do 14 de novembro), convocáronse para a súa provisión, polo sistema de libre designación, varios postos de xefatura de persoal de xestión e servizos vacantes.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, logo dos informes das direccións a que figuran adscritos os postos e a que se fai referencia na base quinta.

Esta xerencia, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xullo), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de
marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado por el Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG 140, do 24 de xullo), e na Orde do 5 de xullo
de 2012 (DOG nº 130, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de varios postos de xefatura de persoal de xestión e servizos vacantes, anunciada pola Resolución do 27 de outubro
de 2014 (DOG nº 219, do 14 de novembro).

Segundo. Nomear nos postos que se indican as persoas citadas no anexo desta resolución.

Terceiro. Os profesionais nomeados deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Cuarto. A toma de posesión dos postos de traballo adxudicados deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada dos interesados, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados pola xerente de xestión integrada.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra a presente resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na
Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ourense, 12 de xaneiro de 2015

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Posto: xefa do Servizo de Facturación.

Nome e apelidos: María Ángeles Álvarez Cruz.

DNI: 76620602-N.

Posto: xefe de Servizo de Persoal e Nóminas.

Nome e apelidos: Eduardo González Gil.

DNI: 34969100-S.