De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que a directora xeral de Mobilidade ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.
Fáiselles saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.
As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do 30 % do seu importe na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.
Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2015
Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte
ANEXO
Expediente Matrícula Denunciante |
Persoa sancionada DNI/CIF Último enderezo coñecido |
Infracción cometida Data-Hora-Estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción imposta |
LU-01321-O-2014 2553-HTR Garda Civil 2701 F02025Q |
Envialia B83115402 P.i. Las Monjas, c/ Sol, 8-10, 28850 Torrejón de Ardoz, Madrid |
O exceso igual ou superior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 25 %. 9.5.2014; 7.14; A-6; 485,0 |
Artigo 140.23 LOTT |
Artigo 143.1.h) LOTT |
2.001 € |
LU-01623-O-2014 5888-BCJ Garda Civil 1525 P11649Z |
Rocamon Vilalba, S.L.U. B27428671 Rúa Rollo, 23, 27800 Vilalba, Lugo |
O uso incorrecto do selector de actividades do tacógrafo. 31.5.2014; 17.00; N-634; 571,0 |
Artigo 140.26 LOTT |
Artigo 143.1.g) LOTT |
1.001 € |
LU-02036-O-2014 LU-5049-K Garda Civil 2704 U03543H |
Excavaciones y Transportes Miguel y Lucía B27295708 Canedo, San Tomé de Lourenzá, 3, 27760 Lourenzá, Lugo |
A utilización do tacógrafo sen ter realizado a súa calibración ou revisión periódica nos prazos e na forma establecidos. 12.8.2014; 15.00; LU-124; 7 |
Artigo 140.34 LOTT |
Artigo 143.1.g) LOTT |
1.001 € |
PO-00811-O-2014 B-8681-OK Garda Civil 3601 Q92637T |
Serv. Cont. y Trat. Residuos, S.L. B36255313 Alcalde Gregorio Espino, 3, 6º B, 36205 Vigo, Pontevedra |
A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea a utilizar. 5.2.2014; 12.50; PO-542; 6 |
Artigo 140.35 LOTT |
Artigo 143.1.g) LOTT |
1.001 € |
PO-01843-O-2014 0399-BFW Garda Civil 3602 C14985S |
Representaciones Chapin Prodslu B94066602 Avenida Santiago, 76 36680 A Estrada, Pontevedra |
Realizar un transporte privado complementario de viaxeiros utilizando un condutor que careza do CAP en vigor. 27.4.2014; 00.10; estrada, s/n, 0,0 |
Artigo 140.18 LOTT |
Artigo 143.1.h) LOTT |
2.001 € |
XC-02965-O-2014 3935-FDT Garda Civil 1504 I54077K |
Baamonde Transportes Coruña, S.L. B15865678 Abegondo, 11, baixo esq. 15009 A Coruña |
Diminución do descanso semanal normal en máis de 9 horas. Igual ou superior a 24 horas e inferior a 30 horas. 13.3.2014; 20.30; AP-9; 41,1 |
Artigo 140.37.6 LOTT |
Artigo 143.1.g) LOTT |
1.500 € |
XC-03577-O-2014 7148-FZS Garda Civil 1501 H45914F |
Transportesgonromy, S.L. B27446715 Rolda da Muralla, 68, baixo, 27003 Lugo |
A condución durante máis de seis horas sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 6 horas e inferior ou igual a 8 horas. 25.4.2014; 3.25; N-VI; 578,0 |
Artigo 140.37.4 LOTT |
Artigo 143.1.g) LOTT |
1.001 € |