Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Xoves, 5 de febreiro de 2015 Páx. 5333

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2015 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2014.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia núm. 136, do 14 de xullo) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Calidade Alimentaria no terceiro cuadrimestre do ano 2014, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2015

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director do Instituto Galego da Calidade Alimentaria

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Asinado

Informado

Achega Ingacal

Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología e Ingacal

Acordo de colaboración no ámbito da xestión da información científica, referida á base de datos Web of Knowledge

12.11.2014

20.6.2014

Sen obriga económica

Laboratorio Interprofesional Galego de Análise de Leite e Ingacal

Convenio marco de actuación para a colaboración en actividades de soporte formativo, divulgativo, científico e tecnolóxico en temas relacionados coa calidade do leite, a súa produción, tratamento, transformación e comercialización no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia

18.12.2014

13.10.2014

Sen obriga económica

Universidade de Santiago de Compostela e Ingacal

Modificación do convenio de colaboración para a realización de prácticas externas (curriculares e extracurriculares) do alumnado das titulacións de máster e grao incluíndo estadías conducentes á elaboración dos traballos fin de grao e fin de máster de todas as titulacións impartidas na USC

3.10.2014

4.6.2014

Sen obriga económica