De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e non sendo posible practicar a notificación dos procedementos que se relacionan no anexo, por causas non imputables á Administración, despois dos intentos de notificación exixidos polo artigo anterior, polo presente anuncio emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia dos actos administrativos derivados dos procedementos que se indican.
A interesada, ou o seu representante, deberá comparecer no prazo de quince (15) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Secretaría, Departamento de Notificacións, da Delegación da Coruña da Axencia Tributaria de Galicia, con enderezo na praza de Pontevedra, nº 22, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 28 de xaneiro de 2015
Regina Losada Trabada
Delegada da Coruña
ANEXO
Interesada |
Órgano tramitador |
Procedemento |
Golpe Oza, Carmen NIF 42433875W |
Unidade de Inspección Tributaria |
Imposto sobre sucesións e doazóns Com. e dilixencias de inspección Expte. INS-91/2014 Doc.: 511150000036 |