Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Xoves, 5 de febreiro de 2015 Páx. 5465

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 12 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, polo que se emprazan varios interesados no curso do procedemento de adxudicación de vivendas de promoción pública no concello de Ponteareas.

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada dúas veces a notificación persoal aos interesados que se relacionan no anexo, emprázanse para que comparezan no prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (rúa Alcalde Hevia, nº 7, 4ª planta, Pontevedra) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, onde se lles dará conta do acto que se lles intenta notificar.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida para todos os efectos desde o día seguinte ao desta publicación.

Pontevedra, 12 de xaneiro de 2015

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

Anexo

Expediente: procedemento de selección de adxudicatarios para vivendas de protección oficial de promoción pública en segundas ou posteriores adxudicacións, no concello de Ponteareas.

Nome dos interesados:

– Julio Vázquez Varela. R/ López Mora, nº 13, 6º H (Vigo).

– Claudio Bargiela dos Santos. R/ Vitoriano Pérez Vidal, nº 48, 3º A (Salceda de Caselas).

– Emilia María Bugarin Faro. R/ Xoán Trobador de Guillade, nº 12, 3º C (Ponteareas).

Indicación do contido do acto: requirimento de documentación.