Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 4 de febreiro de 2015 Páx. 5094

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 9 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o requirimento de documentación respecto das axudas do Programa para a promoción do emprego autónomo, reguladas na Orde do 22 de abril de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 79, do 28 de abril), relativa ao expediente TR341D 2010/2440-1.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, en virtude do disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Ley 4/1999, do 13 de xaneiro, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día, requíreselles ás persoas citadas no anexo para que, no prazo de 10 días, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, comparezan persoalmente ou debidamente representadas, no Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña (rúa Salvador de Madariaga, 9-1º), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para ter coñecemento do contido daquelas, advertíndolles que, de non facelo así, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

Así mesmo, fáiselles saber que dispoñen dun prazo de 10 días hábiles, a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, para achegar a documentación requirida.

A Coruña, 9 de xaneiro de 2015

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: TR 341D 2010/2440-1.

Nome: Camile Prado Silva.

Último enderezo coñecido: rúa Falcó, 22, Jesús, Santa Eulalia, 07819 Ibiza, As Baleares.

Asunto: requirimento de documentación.