Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 4 de febreiro de 2015 Páx. 5082

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o cambio de domicilio social da Asociación Gallega de Empresas de Ingeniería, Consultoría y Servicios Tecnológicos (Ageinco).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou acta da asemblea xeral extraordinaria da Asociación Gallega de Empresas de Ingeniería, Consultoría y Servicios Tecnológicos (Ageinco), celebrada o 21 de xullo de 2014, onde se reflicte o acordo que consiste no cambio do domicilio social que pasa a ser en r/ Progreso, nº 36, 2º A, Vigo.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2015

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social