Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 4 de febreiro de 2015 Páx. 5060

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se dá publicidade ás modificacións substanciais de dúas autorizacións ambientais integradas.

De conformidade co artigo 23, punto 3, da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, as comunidades autónomas darán publicidade nos seus respectivos boletíns oficiais ás resolucións administrativas mediante as que se outorgaron, modificaron ou revisaron as autorizacións ambientais integradas.

Atendendo ao anteriormente exposto, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve dar publicidade no DOG á modificación substancial da autorización ambiental integrada que se relaciona a continuación, que se pode consultar na seguinte URL:

http://www.cmati.xunta.es/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada
ou ben nas dependencias da citada Secretaría Xeral, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

– Resolución do 21 de xullo de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que formula a declaración de impacto ambiental e se modifica a autorización ambiental integrada outorgada a Coren Agroindustrial, S.A.U., para a planta de fabricación de pensos en Caxigal-Bonxe, no Concello de Outeiro de Rei (Lugo). Nº de rexistro AAI: 2007/0073_AIA/IPPC_113.

– Resolución do 19 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se modifica (por modificación substancial) e refunde o texto da autorización ambiental integrada outorgada a General Ganadera Gallega, S.A., para unha explotación de porcas reprodutoras no Campo-Vilarullo, no Concello de Curtis (A Coruña). Nº de rexistro AAI: 2007/0038_NAA/IPPC_181.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental