Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 4 de febreiro de 2015 Páx. 5065

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 19 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lles notifica a Luisa Taboada Fernández e a Nélida Fernández Sánchez o oficio de traslado do recurso de alzada RA/AG/2014/00121.

Con data do 1 de xullo de 2009, dítase a resolución da Presidencia de Augas de Galicia no expediente DH.A3610887, polo que se crea unha comunidade de regantes chamada Prado de Pedro no lugar de Reboredo-Alfonselle, parroquia e concello de Lalín.

Contra esta resolución interpóñense os seguintes recursos de alzada:

– RA/AG/2014/00121, interposto por Salvador Fuentes Alvarellos.

– RA/AG/2014/00193, interposto por Luisa Taboada Fernández e Nélida Fernández Sánchez López.

En cumprimento do establecido nos artigos 112 e 59.6º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e con carácter previo á resolución dos recursos presentados, concédeselles a Luisa Taboada Fernández e Nélida Fernández Sánchez López o prazo de dez (10) días de audiencia aos interesados, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Deste xeito, unha vez vista a interposición do recurso
RA/AG/2014/00121, interposto por Salvador Fuentes Alvarellos, co fin de que poidan manifestar por escrito as alegacións e presenten os documentos que xulguen procedentes, dado que foi notificada e devolta a notificación polo servizo de Correos.

Os escritos de recursos e os expedientes poranse de manifesto, para tales efectos, nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en Santiago de Compostela. Edificio Administrativo San Caetano, s/n, onde se dirixirán as alegacións no caso de que procedan.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2015

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas