Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 3 de febreiro de 2015 Páx. 4982

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se fai pública a relación de convenios subscritos no terceiro cuadrimestre de 2014.

De conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia de boas prácticas na Administración pública galega, faise pública a relación de convenios subscritos no terceiro cuadrimestre de 2014 por esta sociedade.

Data

Vencemento

Importe

Contratista

Referencia

Obxecto

10.9.2014

9.3.2015

5.119,24 €/período

Feuga

CV0015/2014

Convenio de colaboración para o programa de bolsas para licenciados
e/ou diplomados en Enxeñaría Técnica Industrial especialidade química industrial. Paula Vázquez Collazo. 521/10532.

27.10.2014

26.10.2015

Distribución de 10.000 bolsas entre os asociados

Asociación Intersectorial e Interterritorial de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE Galicia)

CV0014/2014

Convenio de colaboración para levar a cabo unha campaña conxunta de concienciación e sensibilización social do menor consumo de bolsas plásticas, consistente en apostar polo uso de bolsas reutilizables de papel reciclado e biodegradables.

27.10.2014

26.10.2015

Distribución de 10.000 bolsas entre os asociados

Centro Comercial Aberto Ourense Norte (Aeon)

CV0014/2014

Convenio de colaboración para levar a cabo unha campaña conxunta de concienciación e sensibilización social do menor consumo de bolsas plásticas, consistente en apostar polo uso de bolsas reutilizables de papel reciclado e biodegradables.

Cerceda, 14 de xaneiro de 2015

Luis Lamas Novo
Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.