Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 3 de febreiro de 2015 Páx. 4949

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 15 de xaneiro de 2015 pola que se notifica a resolución do procedemento sancionador e de reposición da legalidade COL/6/2014-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultar o destinatario ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 10 de decembro de 2014, ditou resolución no expediente sancionador e de reposición da legalidade nº COL/6/2014-RP1, tramitado pola construción de varias edificacións, dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, na praia de Baldaio-Razo, no lugar de Paseo do Areal, Arnados, na parroquia de Razo, termo municipal de Carballo (A Coruña).

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución a Alejandro Vázquez Romero, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase ao interesado a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10 ) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso de reposición, poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da presente notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela ou ante a circunscrición onde o recorrente teña o seu domicilio, conforme o disposto no artigo 14.1º, regra segunda da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación de resolución ao destinatario arriba indicado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2015

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística