Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 3 de febreiro de 2015 Páx. 4971

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a formalización da contratación da obra de ampliación do Hospital Comarcal do Salnés, en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), cofinanciado nun 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 76 (expediente AB-SER3-14-010).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número do expediente: AB-SER3-14-010.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obra.

b) Descrición: obra de ampliación do Hospital Comarcal do Salnés, en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), cofinanciado nun 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 76.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45215100.

d) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE S 141, do 25 de xullo de 2014, BOE núm. 201, do 19 de agosto de 2014, DOG núm. 138, do 22 de xullo de 2014 e na páxina web do Servizo Galego de Saúde o 22 de xullo de 2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, suxeito á regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 8.059.508,55 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 8.059.508,55 €, IVA (%): 21 %. Importe total: 9.752.005,35 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 12 de decembro de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 8 de xaneiro de 2015.

c) Contratista: Dragados, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 6.429.875,92 €, IVA (%) 21 %. Importe total: 7.780.149,86 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta do adxudicatario foi seleccionada como a economicamente máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares e ter obtido a máxima puntuación de entre todas as admitidas.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos