Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 3 de febreiro de 2015 Páx. 4921

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 13 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai público o acordo de procedencia de reintegro da axuda para a promoción do emprego autónomo, regulada na Orde do 22 de abril de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 28 de abril), relativa ao expediente TR341D 2010/943-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 13 de xaneiro de 2015

P.A. (Artigo 39.2.1 e Decreto 42/2013, do 21 de febreiro)
Vicente Correa Díaz
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2010/943-2.

Nome: Marco André Ramada da Silva.

DNI/NIF: X1531184M.

Axuda: pola primeira contratación indefinida dunha persoa desempregada realizada durante o primeiro ano de actividade.

Último enderezo coñecido: rúa Vía Láctea, 18, 27891 Cervo, Lugo.

Feito imputado: non realizar a atividade que fundamente a concesión da subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 17, número 2) da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro da axuda.