Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 3 de febreiro de 2015 Páx. 4926

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 13 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se publica a resolución ditada no procedemento de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego, da entidade Academia Figueroa, S.C. (número de censo 15H01202), devolta polo servizo de Correos porque, intentada a notificación en dúas ocasións, non se puido efectuar.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á Academia Figueroa, S.C. a Resolución do 26 de novembro de 2014, da directora xeral de Emprego e Formación, ditada no procedemento de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, devolta polo servizo de Correos porque, intentada a notificación en dúas ocasións, non se puido efectuar.

«Número de censo: 15H01202

Academia Figueroa, S.C.

Avenida Marqués de Figueroa, 87-89 entr. C

15500 Fene

A Coruña

Logo de examinar a inscrición da entidade Academia Figueroa, S.C. no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar.

Supostos de feito.

Primeiro. A entidade Academia Figueroa, S.C. encóntrase inscrita no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, co número 15H01202, nas especialidades formativas seguintes:

Código da especialidade

Descrición

Alta de homologación

IFCX02

Iniciación á rede internet

12.11.2001

Segundo. A Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña, o 19 de febreiro de 2014, con xustificantes de recepción do 26 de febreiro de 2014, requiriu, á entidade Academia Figueroa, S.C., para os efectos de comprobar o cumprimento dos requisitos establecidos na normativa vixente para manter a condición de centro/entidade inscrito ou acreditado no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, a documentación prevista nos artigos 5 e 6 do Decreto 106/2011, e informouna de que, en caso de non achegar a documentación requirida, se proporá a súa baixa no antedito rexistro.

Terceiro. A entidade Academia Figueroa, S.C. non presentou a documentación requirida.

Cuarto. En cumprimento do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 106/2011, a xefa territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña, o 20 de outubro de 2014, propón a revogación da inscrición do centro.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A competencia para resolver o presente expediente corresponde á directora xeral de Emprego e Formación, de conformidade co establecido no artigo 6.3) e artigo 8 do Decreto 106/2011, do 19 de maio.

Segundo. A disposición transitoria primeira do Decreto 106/2011, do 19 de maio, dispón que os centros e entidades de formación inscritos no Censo de centros colaboradores de formación ocupacional da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en virtude do Decreto 158/2001 quedarán inscritos e, se é o caso, acreditados, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación naquelas especialidades formativas en que estiveran homologados, e que disporán dun prazo de dous anos para adaptar as súas instalacións aos requisitos establecidos no artigo 30 da Orde TAS 718/2008, do 7 de marzo. Así mesmo, establece que, transcorrido o devandito prazo de dous anos sen adaptarse á antedita normativa, causarán baixa automaticamente.

Revisado o expediente compróbase que Academia Figueroa, S.C. non acreditou o cumprimento dos requisitos para a inscrición e acreditación dos centros e entidades de formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia do número de censo 15H01202.

Terceiro. Tendo en conta que na tramitación do expediente se observaron as normas que para o efecto se establecen no Decreto 106/2011, do 19 de maio, e na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Logo de ver o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, a Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, modificada pola Orde ESS/1726/2012, do 2 de agosto, pola que se desenvolve o antedito real decreto, o Decreto 106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar e se regula o procedemento para a inscrición e, se é o caso, acreditación dos centros e entidades que impartan formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, o Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, o Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e a demais normativa de xeral aplicación,

RESOLVO:

Dar de baixa a entidade Academia Figueroa, S.C., número de censo 15H01202, do Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar.

Notifíquese aos interesados a presente resolución para o seu coñecemento e efectos oportunos.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Traballo e Benestar no termo dun mes contado desde a súa notificación de acordo co establecido no artigo 114, seguintes e concordantes, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro)».

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2015

Ana Mª Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación