En cumprimento do disposto nos artigos 58, 59, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, mediante esta cédula notifícase aos interesados cuxos datos e domicilio se mencionan no anexo a resolución de denegación da inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, tramitada ao abeiro do disposto no Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o dito rexistro.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación, consonte o previsto no artigo 114 da citada Lei 30/1992.
Pontevedra, 13 de xaneiro de 2015
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas
ANEXO
Credencial |
DNI/NIE |
Nome e apelidos |
Enderezo |
CP |
Concello |
69096 |
35557047J |
Milagros Rodríguez Rodríguez |
Rúa Malteses, bloque 1, piso 1 A |
36780 |
A Guarda |
68800 |
35465790C |
Pablo Dorgambide Avilés |
Rúa Arealongo, 19, A Laxe |
36600 |
Vilagarcía de Arousa |