Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Luns, 2 de febreiro de 2015 Páx. 4792

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 14 de xaneiro de 2015 , da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se publica a resolución ditada no procedemento de baixa, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego, da entidade Centro de Formación Profesional Victoria (número de censo: 36H00785) devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao Centro de Formación Profesional Victoria a Resolución do 16 de decembro de 2014, da directora xeral de Emprego e Formación, ditada no procedemento de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

«Número de censo: 36H00785

Centro de Formación Profesional Victoria

Rúa Príncipe, número 33

36202 Vigo

Pontevedra

Logo de examinar a inscrición/acreditación da entidade Centro de Formación Profesional Victoria, E36849933, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar.

Supostos de feito:

Primeiro. A entidade Centro de Formación Profesional Victoria encóntrase inscrita no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, co número 36H00785, nas especialidades formativas seguintes:

Código especialidade

Descrición

Alta homologación

ARGE40

Redactor/corrector

3.10.2001

IMPP60

Caracterizador

31.12.2008

IMSA20

Rexedor de escena

3.10.2001

Segundo. Por parte da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Vigo, o 27 de outubro de 2014, requiriuse a entidade Centro de Formación Profesional Victoria, para os efectos de comprobar o cumprimento dos requisitos establecidos na normativa vixente para manter a condición de centro/entidade inscrito ou acreditado no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, a documentación prevista nos artigos 5 e 6 do Decreto 106/2011, informándoa de que, en caso de non achegar a documentación requirida, se proporá a súa baixa no antedito rexistro.

Terceiro. O 28 de outubro de 2014 devolveuse a notificación do requirimento por resultar descoñecido o centro no enderezo da rúa Príncipe, número 33, 36202 Vigo, Pontevedra.

Cuarto. O 25 de novembro de 2014, persoal técnico da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Vigo visitou o Centro de Formación Profesional Victoria e comprobou que non existe o devandito centro na rúa Príncipe, número 33, 36202 Vigo, Pontevedra.

Quinto. En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 106/2011, do 19 de maio, o 27 de novembro de 2014, a xefa territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Vigo propón a baixa no Rexistro de Centros, Entidades de Formación do Centro de Formación Profesional Victoria, E36849933, con número de censo 36H00785, na rúa Príncipe, número 33, 36202 Vigo, Pontevedra, coas especialidades correspondentes, por non existir o dito centro no enderezo sinalado.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A competencia para resolver o presente expediente correspóndelle á directora xeral de Emprego e Formación, de conformidade co establecido no artigo 6.3) e artigo 8 do Decreto 106/2011, do 19 de maio.

Segundo. O artigo 8.1.a) do Decreto 106/2011, do 19 de maio, dispón que se poderá acordar a baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación en caso de incumprimento de calquera das obrigas previstas no artigo 7 deste decreto.

Terceiro. O artigo 7.1.a) do Decreto 106/2011, do 19 de maio, dispón que os centros e entidades de formación teñen a obriga de manter as instalacións e a estrutura de medios sobre a base das cales se produciu a súa inscrición, e adaptalas aos requisitos mínimos que en cada momento se exixan para cada especialidade acreditada ou inscrita.

Revisado o expediente compróbase que o Centro de Formación Profesional Victoria, non mantén as instalacións e a estrutura de medios, sobre a base das cales se produciu a súa inscrición, na rúa Príncipe, número 33, 36202 Vigo, Pontevedra.

Cuarto. Tendo en conta que na tramitación do expediente se observaron as normas que para o efecto se establecen no Decreto 106/2011, do 19 de maio, e na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Logo de ver o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, a Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, modificada pola Orde ESS/1726/2012, do 2 de agosto, pola que se desenvolve o antedito real decreto, o Decreto106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar e se regula o procedemento para a inscrición e, se é o caso, acreditación dos centros e entidades que impartan formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, o Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das Consellerías da Xunta de Galicia, o Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e a demais normativa de xeral aplicación.

RESOLVO:

Dar de baixa a entidade Centro de Formación Profesional Victoria, número de censo 36H00785, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar.

Notifíqueselles aos interesados a presente resolución para o seu coñecemento e efectos oportunos.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Traballo e Benestar no termo dun mes contado desde a súa notificación de acordo co establecido no artigo 114, seguintes e concordantes, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro)».

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2015

Ana Mª Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación