Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2015 Páx. 4613

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CÉDULA do 9 de xaneiro de 2015, do Servizo de Infraestruturas de Pontevedra, pola que se fai pública a notificación de apertura do expediente sancionador 159/14.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícaselle á entidade que se cita a seguir a apertura de expediente sancionador instruído por infraccións da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia (DOG núm. 210, do 31 de outubro).

Nº de expediente: 159/14.

Denunciada: Lamas-Ramos e Fernandes, S.L.

Enderezo: r/ Venezuela 29, ent., porta 9, 36203 Vigo (Pontevedra).

Os interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte día ao da publicación deste edicto para poderen examinar os expedientes no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra, da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (r/ Fernández Ladreda, 43, 1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra) e presentar ante o citado servizo as alegacións que consideren pertinentes.

Pontevedra, 9 de xaneiro de 2015

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo de Infraestruturas de Pontevedra