Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2015 Páx. 4534

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 19 de xaneiro de 2015 pola que se autoriza o bacharelato no centro privado Casa de la Virgen, do concello de Cangas.

A representante da titularidade do centro privado Casa de la Virgen, do concello de Cangas (Pontevedra), solicita autorización para impartir dúas unidades de bacharelato da modalidade de Ciencias e Tecnoloxía e dúas unidades de bacharelato da modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar catro unidades de bacharelato no centro privado que se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado.

Denominación específica: Casa de la Virgen.

Código do centro: 36000910.

Domicilio: Rodeira, 12.

Localidade: Cangas.

Concello: Cangas.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Fundación Benéfico Docente Casa de la Virgen.

Composición resultante:

• Tres unidades do segundo ciclo de educación infantil.

• Seis unidades de educación primaria.

• Catro unidades de educación secundaria obrigatoria.

• Bacharelato:

– Dúas unidades da modalidade de Ciencias e Tecnoloxía.

– Dúas unidades da modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais.

Segundo. Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento adecuado.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2015

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria