Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2015 Páx. 4589

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2015, do Servizo de Mobilidade de Ourense, pola que se somete a información pública o expediente de regularización do contrato de xestión de servizo público de transporte regular de uso xeral de viaxeiros por estrada V-7064; XG-438, Ourense-Ribadavia-A Cañiza-O Porriño-Vigo, con anexos, de Auto Industrial, S.A.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de regularización do contrato de xestión V-7064; XG-438, Ourense-Ribadavia-A Cañiza-O Porriño-Vigo, con anexos, de Auto Industrial, S.A.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade de Ourense (r/ José Ángel Valente, 2, baixo), efectuar as alegacións que consideren oportunas no prazo de quince días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Dentro dese mesmo prazo poderase acceder á documentación en soporte electrónico mediante a súa solicitude no enderezo mobilidade.ourense@xunta.es.

Ourense, 22 de xaneiro de 2015

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense