Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 2015 Páx. 4219

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Chantada

EDICTO (73/2013).

Denise Romero Barciela, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Chantada, polo presente anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal 73/2013, seguido por instancia de Juan Manuel González Alonso fronte a Sara Piñeiro Feijoo, dictouse sentenza cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolución

Estimo integramente a demanda e condeno a Sara Piñeiro Feijoo a que aboe a cantidade de 1.383,42 euros, cantidade que se incrementará cos xuros legais desde a interposición da demanda. Impóñense as custas á demandada.

Advirto ás partes que contra esta sentenza non cabe interpoñer recurso ningún.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas e expídase testemuño para incorporalo ás actuacións. Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo. Dou fe».

E atopándose a dita demandada, Sara Piñeiro Feijoo, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación.

Chantada, 18 de decembro de 2014

A secretaria xudicial