Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 2015 Páx. 4268

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 14 de xaneiro de 2015 polo que se notifica o acordo de inicio do procedemento de reintegro relativo ao expediente de subvención 15/30280.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio o acordo de inicio do procedemento de reintegro relativo ao expediente 15/30280.

Consonte o previsto no artigo 77.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o interesado dispón dun prazo de alegacións de quince días hábiles, contados desde a publicación do presente anuncio, para presentar os documentos e xustificacións que xulgue pertinentes.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2015

Patricia Ulloa Alonso
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Expediente: 15/30280.

Interesado: Jesús Sánchez Couceiro.

Acto de notificación: acordo de inicio de procedemento de reintegro.

Último enderezo coñecido: Vilachá, 1, Bandoxa, 15380 Oza dos Ríos (A Coruña).